A formación da lingua

A FORMACIÓN DA LINGUA [Tema I: 1º BAC]

Linguas de substrato

Galiza sitúase nun territorio intensamente habitado desde a prehistoria. En consecuencia, podemos rastrexar a presenza de numerosos pobos, coas súas respectivas linguas.
Clasificamos estes compoñentes prerromanos en dous tipos básicos: preindoeropeos e indoeuropeos.

Substrato preindoeuropeo

Distínguense tres capas:
Petroglífos en Mogor (Marín)
  • Euroafricano ou mediterráneo: estendeuse polo occidente europeo e norte de África. Deixou formas como: cosco, mata, queiroga, raíz carr- (carrasco, carroucho, carqueixa, Carragoso...)
  • Hispánico-caucásico: sur de Europa, desde Galicia ao Cáucaso. Deixou formas como: coto, sobaco, amorodo (e variantes)
  • Tirrénico:esténdese pola Hispania, Galia e Italia. Deixou formas como: touza, morea, petouto, barro, lastra, esquerdo, cama. balsa, veiga.

Substrato preindoeuropeo

Diferenciáse entre:
  • Preceltas: chegan no 800 a.c. Deixoron formas como: cabaz, cabazo, páramo ou topónimos co elemento -asc-, -usc-: Viascón

  • Celtas: Chegan en dúas vagas, unha no 800 a.c. e outra no 600 a.c. Este foron os denominados Gallaeci polos romanos.
A Cidá en San Cibrao de Las
O longo contacto dos celtas co imperio, antes de chegaren aquí, provoca que algúns celtismos sexan traídos polo propio latín (carro, camiño, cervexa, bragas, camisa...).
Achegas directas na Gallaecia son: vido, amieiro, colmo, embelga, gancho, cheda, camba, rodaballo, careixa, beizo, lama, lousa, laxe, burato, callao, seara e senra, billa, berce, tona, boroa, estancar, virar... e na toponimia: os rematados en -obre, Coruña (<Clunia), Limia, Sar...
Algúns autores atribúen á influencia céltica fenómenos fonéticos como:
  • a perda do -n- e o -l- intervocálicos
  • a  vocalización de -CT- > -IT-
  • a  sonorización das oclusivas xordas e debilitación (ou perda) das sonoras.